InicioOrientalRibadeoComeza unha nova edición do Mercado dos domingos en Ribadeo

Comeza unha nova edición do Mercado dos domingos en Ribadeo

O alcalde Daniel Vega convidou "a todos os visitantes e a todas as veciñas e veciños a que desde o 25 de xuño ao 15 de outubro veñan ata aquí de nove da mañá a dúas da tarde".

Publicada o

- Advertisement -

Este domingo arrincou unha nova edición do Mercado dos Domingos, unha aposta polo produto local e de calidade, “que debemos apoiar”, segundo declarou o alcalde, Dani Vega.

O rexedor manifestou que “comeza o Mercado dos Domingos e desde o goberno local queremos poñer en valor varias cuestións: a forma de vida e de entender o rural, que ten unhas posibilidades económicas que debemos saber aproveitar e potenciar; e esta cita tamén pon en valor ese produto de calidade, excepcional, local de Ribadeo, que debemos apoiar”.

Para Dani Vega “o Mercado dos Domingos abre todas esas posibilidades, polo que convido a todos os visitantes e a todas as veciñas e veciños a que desde o 25 de xuño ao 15 de outubro veñan ata aquí de nove da mañá a dúas da tarde. Así terán a posibilidade de comprar ese produto excepcional e local, que debemos poñer en valor e apoiar”.

Ata o Mercado dos Domingos se achegaron esta mañá o alcalde, Dani Vega, e as concelleiras e concelleiro do equipo de goberno Marta Saiz, Elena Sierra, Montse Seijo e Diego Dos Santos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...