Os alcaldes de Mondoñedo, Manuel Otero, e da Pastoriza, Darío Cabaneiro, poñen mans a obra para impulsar a tramitación da declaración da Rapa das Bestas de Campo do Oso, no límite entre os dous municipios, como Festa de Interese Turístico Galego. Otero indica que xa se deu instrucións para a elaboración da documentación necesaria para a citada solicitude e, polo seu lado, Cabaneiro indica que de inmediato se empezará a traballar neste asunto.
Os dous alcaldes destacan que a declaración de Festa de Interese Turístico Galego pode ter gran relevancia para os dous concellos, dende o punto de vista turístico e, polo tanto, como elemento de dinamización das economías locais.
Tanto Otero como Cabaneiro poñen de relevo o aspecto cultural, no sentido máis amplo, da rapa das bestas e o crecente interese que esperta no público. Na máis recente edición, celebrada o pasado fin de semana, os organizadores xuntaron uns douscentos cabalos.