InicioCentralFozFoz únese á celebración do Movemento LGBTI con bandeiras multicor en edificios...

Foz únese á celebración do Movemento LGBTI con bandeiras multicor en edificios municpais

A concelleira Ana Rojo, engade que “o goberno municipal de Foz quere dar o seu apoio incondicional ás reivindicacións deste colectivo e apoiar a loita polos dereitos das persoas a vivir en liberdade".

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira Ana Rojo anuncia hoxe, martes, que “un ano máis o Concello de Foz súmase á conmemoración do movemento social LGTBI, que comezou coa primeira marcha no ano 1970, ademais das manifestacións espontáneas despois dos disturbios do pub Stonewall, en Nueva York, en protesta contra un sistema que perseguía e estigmatizaba os homosexuais, marcando un antes e un despois do colectivo LGTBI. Este 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo, no concello de Foz volvemos a vestir coas cores identitarias deste movemento os balcóns coas bandeiras multicolor en todos os edificios municipais”.

Ana Rojo engade que “o goberno municipal de Foz quere dar o seu apoio incondicional ás reivindicacións deste colectivo, apoio á loita polos dereitos das persoas a vivir en liberdade segundo a súa orientación ou condición sexual, sen medo a represalias ou a ser discriminadas pola súa identidade de xénero. Dende o noso Concello rexeitamos calquera discriminación por motivos de orientación sexual, abrazamos a diversidade, a tolerancia e a igualdade, fomentado dende a institución local a inclusión, o respecto á liberdade sexual das persoas LGTBI sen ser xulgadas ou sinaladas co dedo, promovendo a igualdade de dereitos e a dignidade das persoas LGTBI, fomentando a visibilidade e a sensibilización da poboación, colgando dos balcóns as bandeiras arco iris desde o día 26 de xuño ata o 3 de xullo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...