InicioOccidentalViveiroSacan sen vida o corpo dunha persoa que caeu ao mar co...

Sacan sen vida o corpo dunha persoa que caeu ao mar co seu coche en Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

Un grupo de mergulladores da Garda Civil rescatou o corpo sen vida dunha persoa que se atopaba no interior dun coche que caeu ao mar en Viveiro.

Segundo trasladou o CIAE 112 Galicia a través da súa conta de Twitter, o operativo desenvolveuse á primeira hora da mañá deste venres.

A central de emerxencias recibiu o aviso de mans de voluntarios de Protección Civil e activou un dispositivo no que participaron, ademais da Garda Civil; os bombeiros de Viveiro, o GES de Cervo, Policía Local, Gardacostas de Galicia, Salvamento Marítimo e Urxencias Sanitarias 061.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...