InicioOccidentalViveiroA praia de Area en Viveiro xa loce a súa bandeira azul

A praia de Area en Viveiro xa loce a súa bandeira azul

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que esta mañá procedeuse ao izado da Bandeira Azul na praia de Area, un distintivo de recoñecido prestixio que avala a calidade das súas augas e os seus servizos.

No izado desta bandeira estiveron presentes a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Turismo, Marisol Rey, ademais dos socorristas do areal.

Loureiro aproveitou a ocasión para destacar “a calidade dos distintos areais existentes no Concello de Viveiro”, adiantando que “as perspectivas deste verán son moi positivas para o sector turístico”.

A praia de Area ten unha lonxitude de 1.200 metros de area branca e de oleaxe tranquilo, con forma rectilínea e un conxunto dunar de grande interese paisaxístico.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...