IniciosociedadeNa procura dos restos e da memoria de dous asasinados en 1936...

Na procura dos restos e da memoria de dous asasinados en 1936 en Ribadeo

Ambos os homes foron asasinados por disparos mentras defendían o pobo durante a Guerra.

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) iniciou a procura de dous homes asasinados o 23 xullo de 1936. Trátase de Justo Fernández Suárez e Manuel Antonio Mon Miranda, dúas das sete persoas asasinadas ese día polos golpistas.

Diso informou a ARMH nun comunicado, no que lembra que iniciou a procura científica de desaparecidos pola represión franquista no ano 2000. A entidade explica que o coñecemento histórico do ocorrido foi posible grazas ás investigacións de Xosé Miguel Suárez Fernández, quen difunde a través dun blogue investigacións sobre a represión na zona.

Segundo indicou a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, o 18 de xullo de 1936, tras coñecerse a sublevación do exército, o goberno municipal organizou, a través dun comité de guerra, a misión de requisar as armas e vehículos para facer fronte ás forzas sublevadas, operacións nas que participaron algúns veciños.

Así, varios carabineiros do posto de Ribadeo participaron na defensa da localidade ao mando do Tenente Ramón Lorenzo Fernández e o alférez Antonio Trujillo Rodero, ambos os dous sometidos posteriormente a consello de guerra e executados en Lugo. Así mesmo, sinala que, na tarde do día 23, dúas columnas entraron ao pobo con disparos. Neste contexto, a ARMH apunta que, á altura do antigo cemiterio e hoxe parador de Turismo, fixeron fronte ás tropas o motorista de carabineros Casimiro Pérez Martínez e un veciño, Ramón Crespo Rodas. Os dous morreron por disparos dos asaltantes

Xa no pobo morreu “Rosalia Alonso Lastra, unha criada das monxas que se asomou a unha xanela e recibiu un disparo; Manuel Tella, que se enfrontou aos asaltantes cunha machada, Vicente Muiño Tojeiro, que se atopaba accidentalmente en Ribadeo; Manuel Mon Miranda, carabineiro que facía garda na rúa que hoxe se coñece como Ibañez, ao que lle dispararon estando desprevenido; e Justo Fernández Suárez que foi asasinado nun enfrontamento coa garda civil na parroquia de Cubelas”.

Todos eles foron enterrados na área de fosa común do cemiterio de Ribadeo inaugurado en 1932.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...