Unha quincena de provincias estará este mércores en risco por temperaturas mínimas, brétema, vento e ondada. Unha delas será Lugo, con aviso amarelo por néboa.
O tempo permanecerá estable este mércores na maior parte do Estado, con ceos pouco nubrados e sen precipitacións, salvo no terzo norte peninsular onde osceos estarán nubrados tendendo a pouco nubrados, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).
Podes ler a nova completa en Galicia Confidencial.
ACCIDENTE
Por outra banda, unha saída de vía en Mondoñedo deixou un ferido leve. O 112 Galicia tivo aviso do accidente ás 10.43 horas.
O sinistro produciuse na estrada LU-160, á altura do punto quilométrico 10.000. O 112 mobilizou a operarios do 061, axentes da Garda Civil e da Policía Local de Mondoñedo, ademais dos bombeiros de Barreiros e do grupo de Protección Civil local.
A persoa que conducía o vehículo saíu do turismo polo seu propio pé e, con síntomas de mareo, foi recollida por unha ambulancia para ser atendida.