A mocidade de Ribadeo deu un salto de aventura rumbo a Mondariz. Por fin chegou o esperado I Campamento Aventura en Igualdade. Xunto ás rapazas e rapaces estiveron o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, que os animaron a gozar desta aventura.
Desde Mocidade explican que “acompañados polo sol aos nosos mozos dispóñense a vivir unha experiencia única. Este campamento é moito máis que diversión: é un espazo onde a igualdade é a protagonista. Durante estes días, mergullaranse en emocionantes actividades ao aire libre, desafiarán os seus medos en emocionantes retos e aprenderán o valor da colaboración e o respecto mutuo”.
E engaden: “nosos aventureiros xuvenís, equipados con entusiasmo e valentía, embárcanse nesta experiencia chea de aprendizaxe e diversión. Estamos seguros de que regresarán a Ribadeo con historias incribles para compartir” .