Tres persoas tiveron que ser evacuadas a un centro hospitalario tras chocar o seu vehículo contra un muro na entrada da localidade lucense de Viveiro.
Segundo informou o 112, pasadas as 00,00 horas varias persoas alertaban á central de emerxencias sobre este accidente. O primeiro, unha persoa que se atopaba no lugar, explicaba que un coche acababa de chocar contra o muro dunha ponte situada na LU-862, á altura da entrada o municipio.
Pouco despois, rexistrábase unha chamada a través do sistema de alerta de accidente do vehículo accidentado, o E-Call. Mentres que un dos ocupantes conseguira saír, os outros dous permanecían feridos o interior.
Con esta información, os operadores do 112 mobilizaron ata o lugar ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, a axentes da Garda Civil de Tráfico e a membros de Protección Civil. Finalmente, os tres ocupantes do vehículo foron trasladados ao centro hospitalario de referencia polos servizos sanitarios desprazados ata o lugar.