InicioEconomíaObreiros de Industrias Xove reclaman a Alcoa que axilice a subrogación de...

Obreiros de Industrias Xove reclaman a Alcoa que axilice a subrogación de 32 traballadores

A UXT pide á multinacional que acorde coas novas concesionarias dos servizos de limpeza, obra civil de construción de muros refractarios asumir os operarios que realizaban esas tarefas

Publicada o

- Advertisement -

Os traballadores de Industrias Xove iniciaron na mañá deste mércores un programa diario de concentracións ante a fábrica de Alcoa en San Cibrao para pedirlle á multinacional do aluminio que asegure o mantemento dos postos de traballo.

Trala perda dos contratos de limpeza, obra civil e construción de muros refractarios que viña realizando, a auxiliar de Alcoa -filial do grupo Noguera– presentou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que afectaría a 32 obreiros, un terzo do cadro de persoal.

A Unión Xeral de Traballadores (UXT), sindicato maioritario, acordou con Industrias Xove a retirada do ERE á espera de que os empregados poidesen ser recolocados nas novas empresas concesionarias deses servizos.

Tras gañar algo de tempo, os obreiros seguen a traballar a contrarreloxo. Os contratos de limpeza e obra civil entraron xa en vigor e Industrias Xove optou de momento por dar vacacións aos operarios.

A concesión da construción de muros refractarios no departamento de ánodos farao o vindeiro 31 de xaneiro. Desta última tarefa encargábanse 20 dos empregados para os que Industrias Xove presentou o ERE.

Luís Cardoso, sindicalista da UXT, afirma que “por agora só sabemos que hai un compromiso verbal por parte dunha das tres adxudicatarias para recoller traballadores”.

Cardoso argumenta que a subrogación dos obreiros sería beneficiosa para Alcoa. “Temos constancia de que encargados da fábrica de Cervo pediron que se contratase aos traballadores que estaban a realizar esas tarefas, pois son xente experta, que ten toda a formación cumprida e que coñece a planta e as condicións de seguridade que son precisas nela”, sostén.

REIVINDICACIÓNS TODOS OS DÍAS

Por iso, os obreiros continuarán coas súas reivindicacións. “Faremos protestas pacíficas todos os días diante da fábrica, aínda que non descartamos folgas ou medidas doutro tipo se non se chega a un acordo”, asegura.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...