InicioOrientalRibadeoPresentada en Viveiro a proposta de adxudicación de obras da pista de...

Presentada en Viveiro a proposta de adxudicación de obras da pista de skate

“Co Skatepark damos resposta a un espazo moi demandado polos veciños e veciñas de Viveiro”, subliña a alcaldesa, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro celebrou onte diversas mesas de contratación, entre elas a destinada á tramitación das obras para a nova pista de Skatepark na zona de Lodeiro.

Na mesa de contratación celebrada deuse conta do informe de valoración técnica, procedeuse á apertura de ofertas económicas e realizouse xa unha proposta de adxudicación. As obras contan cun orzamento base de licitación de 131.000 euros.

A construción desta pista permitirá á veciñanza dispor dunha nova área de lecer na vila coas medidas de seguridade e técnicas que exixe un espazo destas características, dotado ademais de ramplas con diferentes niveis, obstáculos e distintos elementos patinables.

Coa construción deste Skatepark damos resposta a un espazo moi demandado polos veciños e veciñas de #Viveiro”, subliña a alcaldesa María Loureiro.

“Para poder levar a cabo esta pista foi necesario falar con monitores de skate sobre os elementos que precisaría unha área destas características, con técnicos municipais e con arquitectos expertos na elaboración deste tipo de proxectos. Finalmente valorouse que a mellor localización na vila sería na zona de Lodeiro”, recorda María Loureiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...