O Concello de viveiro consigue a titularidade de varias parcelas ubicadas nas inmediacións do paseo marítimo, entre elas a explanada da variante. Despois de varios anos de xestións e trámites, a alcaldesa María Loureiro asinou co Goberno do Estado o documento de cesión das parcelas.
Nos próximos días, Loureiro reunirase cos veciños da zona para explicarlles a tramitación e as xestións que houbo que facer, así como as actuacións que ten previsto facer o concello na explanada da variante e o resto das parcelas.
Loureiro agradece “a receptividade e a colaboración do goberno para acadar por fin un acordo de cesión, moi beneficioso para Viveiro”. Neste sentido, cabe subliñar o importante e arduo traballo que se leva facendo dende o concello, resultando un proceso máis longo do inicialmente esperado que puido chegar á cesión final grazas á preocupación e insistencia do concello.
Ademais de tratarse dun proceso longo, requeriu da intervención de varias administracións pero, finalmente, permitiu que o concello conte coa titularidade dos terreos afectados e poida definitivamente proceder ao arranxo das zonas obxecto de cesión.