IniciosociedadeEntregan en Foz un dos premios dos días azuis do Comercio Galego

Entregan en Foz un dos premios dos días azuis do Comercio Galego

A campaña dos Días Azuis tivo lugar entre o 5 e 25 de xuño e o sorteo realizouse ante notario o 29 de xuño.

Publicada o

- Advertisement -

Un dos premios dos Días Azuis do Comercio Galego tocou en Foz. A afortunada foi Delia Lorenzo, que recibiu a súa tarxeta regalo por valor de 250 euros en Mercería Vera da man de Laura Fanjul. Na entrega do premio participaron o presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo.

AciaFozCCA sumouse unha vez máis á campaña Días Azuis da Federación Galega de Comercio e da Xunta de Galicia, na que se puxeron en xogo 12.000 euros en premios repartidos en 24 tarxetas de 250 euros e en 40 de 150 euros cada unha, que deberán ser empregadas para volver mercar nos establecementos tradicionais galegos. A campaña dos Días Azuis tivo lugar entre o 5 e 25 de xuño e o sorteo realizouse ante notario o 29 de xuño.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...