- Advertisement -
O acalde Fran Cajoto, xunto coa concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, deron a coñecer a programación das Noites.
Pasadas as festas do Carme, volven as Noites. As mozas e mozos gozarán de volei e fútbol praia, fútbol sala, baloncesto e o divertido Wipeout.
De 10 anos en adiante está convidados a participar das noites máis movidas do verán. Tan só deben inscribirse o primeiro día de cada actividade. Este martes comezamos As Noites 2023 na praia da Rapadoira con volei praia.