InicioCentralBurelaXa están á venda en Burela os tickets para a primeira pancetada...

Xa están á venda en Burela os tickets para a primeira pancetada do 25 de xullo

A alcaldesa, Carmela López, explica que “quixemos programar unha actividade importante para o 25 de xullo co obxectivo de animar á xente de Burela e aos moitos que nos visitan nestas datas".

Publicada o

- Advertisement -

Burela celebrará o Día de Galicia co concerto de De Vacas e cunha pancetada. Será na praza do Concello a partir das oito da tarde. De Vacas chega a Burela coa súa nova xira, Rebovina Divas Live, un paseo polas mellores voces femininas da música pop mundial das últimas décadas coa ollada humorística e irreverente desta formación. O acceso é libre e de balde.

A alcaldesa, Carmela López, explica que “quixemos programar unha actividade importante para o 25 de xullo co obxectivo de animar á xente de Burela e aos moitos que nos visitan nestas datas a gozar do Día de Galicia na nosa vila con boa música, como a que nos traerán De Vacas, e tamén con gastronomía da man do Club Baloncesto Burela”.

Na mesma Praza do Concello o Club Baloncesto Burela organiza a primeira pancetada. Desde hoxe xa se poden mercar os tíckets anticipadamente en Beep. O prezo será de 7 euros. A ración estará composta de panceta, pan, chourizo e bebida (a elixir entre auga, cervexa ou refresco). Para os que prefiran comprar o tícket o mesmo 25 de xullo o prezo será de 9 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...