IniciosociedadeAida Raíndo: "O que nos gusta tanto ás mozas como a nós...

Aida Raíndo: “O que nos gusta tanto ás mozas como a nós é recoller a sabedoría popular”

Altair Galiza é unha asociación sen ánimo de lucro que forma parte do movemento internacional Altair de educación nos tempos libres. Este verán achegáronse a Portocelo (Xove) para montar un campamento de quince días onde aprenderán xogos, convivirán coa veciñanza e levan adiante actividades de voluntariado ambiental. Entrevistamos a Aida Raíndo, unha das persoas que forma parte do equipo que acompaña aos mozos e mozas que participan nesta experiencia.

Publicada o

- Advertisement -

-Cales son as accións que leva adiante Altair?

Altair é unha asociación de educación nos tempos libres. Somos unha agrupación de xente nova voluntaria que facemos actividades de tempo libre con mozos e mozas entre 8 e 18 anos, con carácter educativo. Desenvolvemos unha actividade regular durante todo o curso escolar e no noso caso, en 7 Portas, que é un dos agrupamentos de Altair, estamos polas mañás tres horas. Ademais desas actividades tamén facemos saídas e tamén temos catro campamentos durante o ano. Neste caso, o campamento de verán é o máis longo, son quince días. Os campamentos teñen un sentido dentro desa actividade regular que facemos dentro dos nosos proxectos sendo o culmen dos mesmos e un espazo privilexiado para desenvolver esas aventuras que planifican as mozas.

-Agorma mesmo estades co campamento en Portocelo, Xove. Cal foi o motivo de elexirdes este lugar?

Si, estamos en Portocelo. Nós tentamos ir a lugares pequenos como aldeas, porque nos gusta ter contacto coa veciñanza e aprender dela e das lendas onde imos. Nós xa viñeramos hai dous anos a Portocelo durante o verán de 2021 e quedaramos moi contentas porque o recibimento e a disposición da veciñanza foi magnífico, o contacto foi marabilloso e ademais, quedamos asombradas coa contorna natural. Nos facemos moitas actividades dentro da natureza. Como tiñamos a praia xusto ao pé, podiamos facer xogos, investigar, ver diferentes animais mariños e toda a zona dos cantís. Así que o lugar quedou na memoria dos e das Altaires como un lugar moi marcado. Este ano barallamos diferentes opcións mais ao final decantámonos por repetir e ter aquí unha experiencia.

-Cantas persoas formades o campamento este ano?

Este ano viñemos corenta e seis persoas contando coa equipa educativa.

-Cales son as principais actividades que desenvolvedes este ano?

Temos mozos e mozas de idades diferentes así que facemos actividades adaptadas segundo grupos de idade. Temos cinco grupos de idade na asociación. No campamento planificamos proxectos para desenvolver. Os grupos máis pequenos de 8, 9, 10 e 11 anos adicáronse a desenvolver un proxecto arredor das baleas e da baleeira de Morás e agora están rematando un cómic sobre as lendas de Portocelo. As maiores, as de 14, 15 e 16 anos fixeron un proxecto de investigación arredor de diferentes temáticas sociais dese territorio e agora están rematando de facer unha exposición artística con cadros sobre esas temáticas. Se poden, gustaríalles expoñelo nalgún centro de por aquí. Á parte fixeron labores de voluntariado mediante un roteiro medioambiental onde foron recollendo lixo nos cantís. A isto sumámoslles as actividades regulares do campamento: quen limpa ou quen cociña. Depois está gozar coa convivencia e da contorna natural.

-Que obxectivos tedes marcados como aprendizaxe para as mozas que van ao campamento?

O que nos gusta aprender tanto ás mozas como a nós é recoller esa sabedoría popular de aquí. Por iso falamos coa veciñanza, que nos conten as experiencias vividas por elas, como é o estilo de vida aquí, como se organizan, as cuestións sociais coas que conviven e por tanto, achegarnos á realidade de aquí e ver como podemos influír nela de forma positiva como fomentar esa cohesión social ou esa xustiza social. Iso facémolo baseándonos nun compromiso social que nos permita incidir de maneira positiva neste lugar que é Portocelo.

-As mozas que forman parte do campamento teñen diferentes procedencias?

A asociación está aberta a todas as familias. Aquí hai mozas e mozos de todas as procedencias.

-Cales foron as sorpresas que levaron as mozas que integran o campamento?

Pois levaron moitas sorpresas porque para ellas foi toda unha aventura descubrir historias, ir falando cos veciños e veciñas e coñecer historias como a da Casa dos Encantos, que se pasas por diante dela tes que ir cos puños pechados. Pequenas historias de como se creou e como funciona hoxe en día Portocelo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...