InicioOrientalRibadeoBlack Alien, o home máis modificado do mundo está en Ribadeo

Black Alien, o home máis modificado do mundo está en Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

O home máis modificado do mundo, o francés Anthony Loffredo, coñecido como Black Alien, xa está en Ribadeo, facendo tatuaxes desde a mañá deste luns en Black Blood Tattoo Studio, onde seguirá con ese labor ata o mércores. Para ese último día estaba programado un encontro cos seus fans, que poderán pedirlle autógrafos e fotografarse con el, evento que tivo que ser cambiado para mañá, martes, ás 18 horas. Anthony Loffredo é un home de 33 anos nado en Montpelier que saltou á á fama tras empezar o seu proxecto artístico The Black Alien Project, que ten como obxectivo converterse no que el considera un alien.

Trátase dun proxecto vital que iniciou fai oito anos e que desenvolve progresivamente no seu corpo mediante modificacións corporais e tatuaxes. Actualmente está nun 57 por cento da súa transformación, pero o seu proxecto vai máis aló das modificacións. Loffredo é un artista abstracto e tatuadorfreehand polo que a xente que se tatúa con Black Alien non sabe que vai deseñar na súa pel, convertendo cada tatuaxe nunha obra única en cada cliente.

Proximamente abrirá ao público unha galería onde os asistentes poderán ver o percorrido artístico da obra de Black Alien ao completo e así comprender desde dentro o mundo de Loffredo, que ten 1,3 millóns de seguidores en redes sociais. Os propietarios de Black BloodTattoo Studio, Bailey José Ramírez Madrigal e Lucía Filgueira Fernández, explican que Anthony Loffredo “está lestes días non noso estudo traballando, como profesional dá tatuaxe mundialmente recoñecido que é. Ademais o martes 25, a partir dás 18 horas teremos un evento de meeting cos seus fans, que llepoderán pedir autógrafos e fotografarse con el. É unha ocasión única na Mariña, para que os interesados aproveiten para disfrutala”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...