InicioSucesosDetido un home por ameazar cun machete a súa parella en Barreiros

Detido un home por ameazar cun machete a súa parella en Barreiros

Ademais acúsaselle de tenencia ilícita de armas e de munición tras encontrar 13 armas no domicilio.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño de Barreiros, de 46 anos, como presunto autor dun delito de violencia machista ao ameazar á súa parella cun machete de grandes dimensións.

Ademais, impútaselle tenencia ilícita de armas e depósito de armamento ao descubrir que tiña 13 armas longas de diferentes calibres, algunhas coa marca e modelo borrados. De feito, investígase se estas escopetas poden estar implicadas noutros delitos.

Segundo informa este corpo nun comunicado, a vítima, de 34 anos, tivo que ocultarse na mañá do pasado martes da vivenda que compartía coa súa parella despois de ser ameazada de morte cun machete. Deste xeito, a Garda Civil tamén descubriu todas as armas existentes na vivenda. A persoa detida foi posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...