InicioSucesosDetidas en Ribadeo dúas persoas por presunto tráfico de drogas

Detidas en Ribadeo dúas persoas por presunto tráfico de drogas

As persoas detidas foron postas a disposición xudicial.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo a dous veciños da localidade, de 37 e 47 anos, como supostos autores dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas.

No marco da operación Nasual, segundo informa, procedeuse o pasado día 26, ao rexistro do domicilio dos detidos intervíndose unha sustancia, supostamente cocaína, disposta para a venda en dose e numerosos envoltorios de plástico (utilizados con asiduidade para conter dose de sustancias estupefacientes para a venda polo miúdo).

Durante o rexistro efectuado descóbrese a comisión dun delito de defraudación de fluído eléctrico mediante un enganche ilegal desde a caixa de subministración da comunidade de veciños cara ao domicilio de dous detidos. As persoas detidas foron postas a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...