InicioEconomíaA Xunta destina 191.000 euros de fondos europeos á OPP Lugo

A Xunta destina 191.000 euros de fondos europeos á OPP Lugo

A partida financiará o plan de produción e comercialización da entidade, unha das máis antigas de España

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia vén de conceder unha achega que supera os 191.000 euros á Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo (OPP-07) para apoiar a súa actividade e o plan de produción e comercialización desta entidade. A subvención procede do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (Femp).

Entre as funcións principais da OPP Lugo están as de asesorar aos profesionais do sector, representar ao mesmo ante as distintas administracións pesqueiras e de posta en valor dos peixes e mariscos.

O plan de produción e comercialización desta entidade inclúe accións formativas e xornadas dirixidas a abordar os principais retos que afronta a flota lucense, como son a eliminación dos descartes e a obriga de desembarque.

Tamén inclúe a posta en marcha de boas prácticas, para avanzar nunha pesca sostible e máis responsable.

Finalmente, enmarcado tamén dentro do seu plan de produción e comercialización, a OPP Lugo mantén unha estreita colaboración coas institucións científicas, traballando conxuntamente para estudar e mellorar os stocks pesqueiros, a selectividade das artes e a minimización do impacto ambiental desta actividade.

Na actualidade a frota lucense da OPP-07 confórmana embarcacións de catro modalidades: arrastre de fondo e litoral no caladoiro nacional, cerco artesán no caladoiro nacional, palangre de fondo en augas europeas e palangre de superficie en augas internacionais.

ESPECIES

A pescada do pincho e o bonito do norte son as principais especies de captura dos buques da OPP lucense. Dada a variedade de frotas, existen outras especies fundamentais como son o peixe espada, a caella, a xarda, o galo, o rape, o xurelo, o bocarte ou a sardiña.

DESDE 1986

A OPP-07 é unha das organizacións de produtores pesqueiros máis lonxevas de España, pois constituíuse no ano 1986 a iniciativa das Confrarías de Pescadores da provincia de Lugo e tras a integración na Comunidade Económica Europea. Na actualidade ten a súa sede na lonxa pesqueira de Absa Burela.

“CHAVE NA MODERNIZACIÓN” DO SECTOR

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que esta entidade “ten e tivo un papel esencial na evolución e modernización experimentada polo sector pesqueiro lucense”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...