InicioCentralFozA Deputación de Lugo apoiará o Festival Vrao para que Foz sexa...

A Deputación de Lugo apoiará o Festival Vrao para que Foz sexa “epicentro da música galega”

O Festival Vrao celébrase en Foz o vindeiro sábado 12 de agosto, como fin ás festas de San Lourenzo.

Publicada o

- Advertisement -

A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este venres en Foz xunto ao alcalde do municipio e tamén deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, na presentación da segunda edición do Festival Vrao, “unha cita que converterá ao municipio e á comarca da Mariña no epicentro da mellor música galega”.

O próximo 12 de agosto o festival reunirá a bandas e artistas de diferentes estilos musicais. A institución provincial colabora cunha achega económica de 15.000€ para organizar o encontro e avanzar para “consolidalo como un referente no calendario de festivais da comarca e da provincia de Lugo”.

“Facémolo porque é un festival que enriquece a oferta cultural da provincia cunha proposta moi atractiva que potencia o talento galego; porque esta propueta ten un retorno económico importante para Foz e para a comarca en sectores como o da hostalaría e o comercio, que son fundamentais; e porque favorece o modelo de turismo de calidade e de experiencias polo que traballamos desde a Deputación, e que comparte o propio Concello e a Mancomunidade de Municipios da Mariña”, explicou Morandeira.

O CARTEL

O Festival Vrao celébrase en Foz o vindeiro sábado 12 de agosto, como fin ás festas de San Lourenzo.

Entre as bandas que soarán durante a xornada, destacan grupos de estilos como o funk, o soul, o folk ou hip hop, con nomes tan recoñecidos como Sabela King and the Heartbreakers, Boyanka Kostova, NingúnDJ, Malandrómeda ou Grande Amore.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...