InicioOrientalRibadeoA concelleira de Igualdade de Ribadeo sinala o éxito do punto violeta...

A concelleira de Igualdade de Ribadeo sinala o éxito do punto violeta na Xira de Santa Cruz

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, sinala que o Observatorio da Mariña pola Igualdade "desprestixia" os puntos violeta.

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, rexeita as críticas vertidas nas últimas horas desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade e subliña o éxito do punto violeta instalado da Xira de Santa Cruz.

A edil ribadense declarou: “que triste que o Observatorio da Mariña pola Igualdade critique a existencia dos puntos violeta nos diferentes festivais de Ribadeo. En vez de potenciar o seu uso e avisar a todas as mulleres que veñan ás distintas festas que o usen se o necesitan, prefiren desprestixialos”.

Para Sanjurjo “desprestixiar os espazos e ás persoas que os atenden. A concelleira, que son eu, é política e está aí para traballar polo pobo e para recibir críticas, pero non vou consentir que se fale mal das traballadoras, nin da avogada do CIM nin da psicóloga, que estaba atendendo o punto violeta e dando información xa sexa a través de papeis, chapas, xogos… Esta persoa aporta tamén seguridade e axuda profesional a toda aquela muller que o requira”.

A concelleira de Igualdade indicou que “en ningún momento se potenciou o consumo de alcohol no punto violeta da Xira e cando unha muller se achegou a min cunha queixa eu fun ao punto para ver que estaba sucedendo”.

E subliñou que “o punto violeta da Xira non se recolleu polas queixas senón porque estaba contratada a psicóloga unhas horas, que correspondían cos concertos da organización. O último concerto retrasou moito o seu comezo polo que xa non había punto violeta mentres tocou Aliboria. Non ía estar aberto na madrugada, xa que é un servizo para as festas do pobo, pero non para o que organice un bar privado”.

Begoña Sanjurjo engadiu: “dende o Concello si nos quedamos co éxito do punto violeta, cos parabéns por esta iniciativa que nos transmitiron moitas mulleres de diferentes idades, procedencias e cores políticas e tamén os comentarios positivos de varios homes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...