O Concello de Cervo entregou este xoves as axudas para transporte ao alumnado que cursa estudos fóra do termo municipal: estudantes universitarios, de conservatorios, bacharelato ou de ensinanzas profesionais.
Unha trintena de estudantes menores de 30 anos que cursou formación ou titulacións non impartidas en ningún centro do municipio recibiu un cheque de 250 euros, o que supón un incremento de 50 euros con respecto ao ano pasado.
O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, e maila edil de educación, Dolores García Caramés, explicaron que se trata “dunha subvención financiada ao 100% con fondos municipais“.
“Queremos brindar apoio ás familias, porque somos conscientes do esforzo que supón para moitas delas a formación dos seus fillos”, espuxo o rexedor.
AXUDAS AOS CENTROS EDUCATIVOS
O goberno local cervense entregou tamén un cheque de 1.250 euros a cada un dos tres centros educativos do municipio: Ies Marqués de Sargadelos, Ceip de Cervo e Ceip Península de la Paz.
Trátase dunha contribución para gastos de funcionamento e para o impulso das actividades que promoven ao longo do curso.