InicioOccidentalViveiroFeira do Libro en Viveiro do 12 ao 15 de agosto con...

Feira do Libro en Viveiro do 12 ao 15 de agosto con lecturas e encontros con autores e autoras

“Durante catro días, Viveiro será a capital do libro en Galicia e asistiremos ao encontro entre os escritores e escritoras que participarán na feira e os seus lectores, un momento sempre máxico”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro celebra desde mañá, día 12, e ata o martes 15 nos Xardíns Noriega Varela a súa Feira do Libro 2023, cunha ampla oferta cultural, actividades para nenos e encontros con diferentes escritores e escritoras.

“Durante catro días, Viveiro será a capital do libro en Galicia e asistiremos ao encontro entre os escritores e escritoras que participarán na feira e os seus lectores, un momento sempre máxico”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Os establecementos e entidades participantes nesta Feira do Libro de Viveiro son a Libraría Porta da Vila; Lar Libros-Editorial Canela; Libraría Cartabón; Libraría Aguirre; A Gata Tola; Libraría Pedreira; Librería Lume; Libraría Aenea; Librería Uróboros, e os stands do Seminario de Estudos Terra de Viveiro e da Deputación de Lugo.

A pregoeira será Nazaret López e a pregoeira infantil Emily Sofía Castañeda. O programa desta Feira do Libro é moi amplo e variado, con presentación de libros e actividades para o público infantil, como espectáculos teatrais e contacontos.

“Como xa pasou en edicións anteriores desta feira, desde o concello é un pracer darlle protagonismo aos autores e autoras locais e do resto de Galicia na programación destes días, ademais de potenciar a promoción da lectura entre os nenos e nenas”, engade Loureiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...