InicioOrientalRibadeoRibadeo celebrará a XVI Festa da Carne ao Caldeiro en Remourelle este...

Ribadeo celebrará a XVI Festa da Carne ao Caldeiro en Remourelle este sábado

Para o alcalde, Dani Vega “Remourelle sabe facer ben as cousas. É un traballo que leva facendo desde hai moito tempo”.

Publicada o

- Advertisement -

O 19 de agosto terá lugar en Remourelle a XVI Festa da Carne ao Caldeiro. O evento foi presentado hoxe. O alcalde, Dani Vega, destacou a posta en valor dun produto de proximidade como é a rubia galega e animou a achegarse a gozar deste evento.

O rexedor dixo que “no mes de agosto sempre se celebra a Festa da Carne ao Caldeiro. Eu creo que é a demostración de facer ben as cousas. Trátase dunha festa para poñer en valor un produto de proximidade como é a carne de rubia galega”.

Para Dani Vega “Remourelle sabe facer ben as cousas. É un traballo que leva facendo desde hai moito tempo”.

O alcalde ribadense sinalou: “o 19 de agosto queremos convocar a todo o mundo en Remourelle. Eu sempre digo que estas celebracións que queren poñer en valor un produto tamén resaltan un medio de vida e unha aposta polo noso rural. Convocámonos todos en Remourelle o vindeiro sábado”.

Vega tamén tivo palabras de agradecemento na presentación do evento: “quérolle agradecer á asociación de veciños, que está a traballar moito e moi ben por defender os intereses de Remourelle e poñer en valor un produto de proximidade, como é a carne de rubia galega, onde moitos gandeiros viven desa produción. É unha forma de vida que debemos defender. Grazas polo seu traballo e tamén grazas á Xunta de Galicia por colaborar e financiar esta celebración e desde o Concello seguiremos traballando para que estas festas sigan medrando e mellorando entre todos”.

A XVI Festa da Carne ao Caldeiro arrincará ás 14:00 horas coa actuación de Antonio Barros (gañador dos Recantos 2017 e da Liga dos Cantantes Extraordinarios da TVG); ás 14:30 horas dará comezo o xantar da carne ao caldeiro. Haberá tamén degustación de empanada de carne de poldro de PRG 100% raza autóctona. Para as cinco da tarde está prevista a actuación do Cuarteto Illa Pancha e para as 19:30 horas novo pase de Antonio Barros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...