A Garda Civil investiga a unha veciña de Lourenzá, de 37 anos, como suposta autora dos delitos de estafa e apropiación indebida, segundo informa.
Os feitos teñen lugar no primeiro semestre deste ano cando, segundo a investigación, a muller supostamente subtrae diversas cantidades de diñeiro pertencentes a un familiar de avanzada idade, que as tiña depositadas nunha entidade bancaria da Mariña Lucense.
O modus operandi consistía en dar de alta a banca electrónica da conta bancaria, apropiándose do diñeiro mediante reintegros enefectivo e compras por internet por un total de 20.000 euros. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.
FRAUDE NO FLUÍDO ELÉCTRICO
Tamén a Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Ribadeo, de 48 anos, como suposto autor dun delito de defraudación de fluído eléctrico.
O presunto autor tiña conectado a subministración da luz da súa vivenda ao da comunidade de veciños do seu edificio, segundo explica a Benemérita que engade que a persoa investigada pasou a disposición xudicial.