InicioCentralFozFoz celebrará unha nova edición do comercio na rúa organizada por ACIAFOZCCA

Foz celebrará unha nova edición do comercio na rúa organizada por ACIAFOZCCA

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, subliña que “o Comercio na Rúa é unha oportunidade moi interesante para mercar os últimos artigos de tempada e para a volta o cole a prezos moi interesantes”.

Publicada o

- Advertisement -

Os días 17, 18 e 19 de agosto terá lugar unha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA. Nesta campaña daranse cita 36 negocios, que ofrecerán descontos especiais durante esas xornadas. En caso de mal tempo, as promocións realizaranse no interior.

Os negocios que sacarán os seus produtos ao exterior son: 5 lobiños, Alain Afflelou Foz, Antigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Chuvia Complementos, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Koquetas, La Flor Abulense-2, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mexicosas, Mi Casa, Ofifoz, Sensación Surf, Thecé, Unique-2, Vas´s, Vas´s Outlet, Xanela Complementos, Xoguetería Bahía e Yo Te Mimo.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, subliña que “o Comercio na Rúa é unha oportunidade moi interesante para mercar os últimos artigos de tempada e para a volta o cole a prezos moi interesantes”.

No acto de presentación participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto, a concelleira de Comercio, Kathy Alonso, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo. AciaFozCCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...