InicioOccidentalXoveXove inaugura a exposición 'Corenta aniversario de Saíñas' na sala de Exposicións...

Xove inaugura a exposición ‘Corenta aniversario de Saíñas’ na sala de Exposicións do Centro Cívico

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove segue coas actividades das Festas Patronais de San Bartolo. Este xoves ás 12:00 horas na Praza do Concello celebrouse unha actuación do Mago Paco co espectáculo “HOCUS POCUS”.  Esta é a primeira actuación en Xove do Programa Ler Conta Moito 2023 da Rede de Bibliotecas de Galicia-Xunta de Galicia.

Para o venres día 18 de agosto, a programación é a seguinte:

-SCAPE ROOM “La maldición pirata” na OMIX. Esta actividade, dirixida a nenos/as de 2º de Primaria en diante, vaise desenvolver en 3 turnos:

   -Turno de 11:00 a 12:30 horas. Xa está cuberto polos nenos/as do Programa Concilia.

   -Turno de 12:30 a 14:00 horas. Xa está cuberto polos nenos/as do Programa Mañás Activas.

   -Turno de 17:00 a 18:340 horas. Inda quedan 17 prazas libres, podendo inscribirse na OMIX ata o momento de comezo da actividade e ata esgotar todas as prazas.

-20:00 HORAS.- Sardiñada popular animada pola Charanga de Neda.

-Pola noite verbena coa Orquestra Saudade  e o Grupo Salvajex.

EXPOSICIÓN 40 ANOS DE SAÍÑAS

O Concello de Xove inaugurou este pasado mércores a Exposición 40 Aniversario de Saiñas na Sala de Exposicións do Centro Cívico, coa cal a Asociación celebra por todo o alto estes intensos 40 anos de actividade, mostrando un pouco da súa amplísima istoria a través de fotos e un fermosísimo vestiario.

   Os horarios de apertura ao público desta exposición van ser os seguintes:

      -Días venres 18, sábado 19 e domingo 20 de agosto:

      Pola mañá de 12:00 a 14:30 h.

      Pola tarde-noite: de 19:00 a 23:00 h.

       -Do luns 21 de agosto ao domingo 3 de setembro (ambos días incluídos):

     Pola tarde de 17:00 a 21:00 h.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...