InicioEconomíaDenuncian a cesión a Asturias sen devolución de varios trens que cobren...

Denuncian a cesión a Asturias sen devolución de varios trens que cobren o traxecto entre Ferrol e Ribadeo

Aseguran que das oito unidades pasouse nos últimos días a tan só cinco, o que compromete o servizo en caso de avaría.

Publicada o

- Advertisement -

Plataforma ‘Pola defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo’, denunciou que nas últimas semanas Renfe “desprazou” unidades de proximidade de Ancho Métrico desta liña cara a outras comunidades, concretamente cara a Asturias. Segundo aseguran nun comunicado, o último envío fíxose “para facer un reforzo especial para o Descenso do Sella”, pero que unha vez celebrada esta cita “a mesma non volveu a Galicia, o mesmo que as anteriores”.

Así, inciden que “das oito unidades que están asignadas por Renfe a Galicia, coas que se manteñen os servizos con normalidade, déixannos con tan só cinco”, e que, por tanto, “en caso de avaría ou revisión dalgunha unidade, caeremos novamente no desastre das supresións de servizos”. Critican tamén que Renfe leve unidades en funcionamento de Galicia cara a Asturias ou Cantabria, que “contan con talleres con moitos máis medios que Ferrol, pero que a pesar diso “acumulan unidades sen reparar durante meses e anos”.

INTERVENTORES

Desde este colectivo aseguran que tamén segue sendo manifesta “a falta de interventores nos servizos, propiciando que moitos usuarios lles resulte imposible facer efectivo o pago do billete ou realizar consultas dos servizos”. “Esta situación provoca que as unidades teñan que facer todas as posibles paradas no percorrido rexional no tramo entre Ortigueira e Ribadeo”, existan usuarios ou non, evitando recuperar posibles atrasos coas paradas innecesarias, e evitando manobras que levan maior gasto de combustible e esforzo nas unidades.

Ademais, aseguran que esta situación se está dando “nuns momentos de alta ocupación e demanda”, sobre todo na Mariña, motivada pola actividade turística, acceso a praias, excursións e diversas festas, e que por iso teñen constancia de que “en diversas ocasións realizáronse viaxes ao límite de capacidade de ocupación das unidades”. A pesar diso, engaden, “en lugar de programar a duplicación de unidades nos servizos, para acoller a demanda, a resposta de Renfe é deixar ao tramo entre Ferrol e Ribadeo sen as unidades necesarias, nin sequera para un funcionamento mínimo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...