A Xunta habilita servizos especiais de autobús para facilitar os desprazamentos á festa do Naseiro, en Viveiro, do 25 ao 30 deagosto.
Os usuarios disporán de rutas de ida e volta entre Viveiro, desde a Praza de Lugo, ata as inmediacións das celebracións do Naseiro.
Así, as expedicións de autobús funcionarán cada hora ao longo dos días da festa. Para a volta, desde Naseiro ata Viveiro, os viaxeiros tamén disporán de servizos cada hora nas madrugadas do sábado 25 ao mércores 30.
A viaxe terá paradas en Praza de Lugo, Verxeles, Valdeflores, Magazos, Río Pedroso, Landrove, Muíño (San Pedro), Infanta e, finalmente, Naseiro.
Ademais, os menores de 21 poderán viaxar gratis empregando o cartón Xente Nova, igual que o fan en todos os autobuses da Xunta. Os demais usuarios do transporte público autonómico poderán beneficiarse dos descontos do cartón TMG.