A Plataforma veciñal Pro Celeiro reuniuse este pasado luns día 21 de agosto coa alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, a teniente de alcaldesa, Miriam Bermúdez, e coa técnica de Medioambiente, para coñecer os motivos da resolución pola que se pechou ao baño a praia de Celeiro
Esta reunión celebrouse nas dependencias municipais, “véndose apoiada a comisión representativa por un cento de veciños e veciñas que insistiron en demandar explicacións”.
Segundo a plataforma ProCeleiro, tanto a alcaldesa como a tenente de alcaldesa, sinalaron que a redacción do bando que anunciaba o peche da praia, veulles esixida polo apercebimento da Consellería de Sanidade aducindo como causa a contaminación acumulada por EColi (augas fecais) rexistrada os últimos anos na ría.
A mesma plataforma trasladou que a representación do goberno local entendía que a protesta e a concentración dese luns deberían dirixirse ante a delegación de Pesca ou á propia Consellería de Mar.
Pro-Celeiro reclamaron ás representantes locais que se solidaricen coa veciñanza demandando da Consellería de Sanidade información máis clara sobre a orixe ou orixes da contaminación que supostamente está detrás da prohibición do baño na praia de Celeiro. Ao especto, a alcaldesa referiuse a que, malia ser negativa a do pasado mes de abril, as análises dos últimos tres meses deron indicadores negativos.
As autoridades municiais coprometéronse a solicitar da citada Consellería que volva introducir este areal na rede de praias que están sometidas a un control permanente mediante as correspondentes análises das súas augas.
A plataforma ProCeleiro convocou unha concentración diante da Delegación de Pesca para pedir respostas sobre o peche do areal. Dita concentración terá lugar o vindeiro venres, día 25, a partir das 12:30 horas.