InicioOrientalRibadeoGuateque anos 60 en Ribadeo para o 26 de agosto

Guateque anos 60 en Ribadeo para o 26 de agosto

A concelleira Marta Saiz anima a asistir: “acudide á cita. Cos 60 na memoria lembraremos todos xuntos aqueles marabillosos anos á vez que dalgunha maneira despedimos o mes de agosto e moitos o seu verán en Ribadeo”.

Publicada o

- Advertisement -

O Parque de San Francisco acollerá o vindeiro sábado, 26 de agosto, unha nova edición do guateque dos 60, que organiza a comisión de festas coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, dixo que “o guateque é un dos eventos máis esperados durante o ano en Ribadeo. Esa homenaxe á música que marcou toda unha época e esas cancións de sempre que nunca pasan de moda. Chegou o día. O vindeiro sábado, 26 de agosto, a partir das oito da tarde temos e tedes todas e todos unha cita no Parque de San Francisco, unha cita na que Ribadeo retrocederá de novo a eses marabillosos anos 60. O guateque está organizado pola asociación Santa María do Campo e San Roque e colaboran o Concello, a Xunta e Estrella Galicia”.

A edil ribadense subliñou que “o Parque de San Francisco, que será coidadosa e mimadamente decorado e ambientado para a ocasión, agardará impaciente a visita de veciñas, veciños, turistas e visitantes de todas as idades e todos os lugares que se queiran achegar para disfrutar dunha noite moi especial chea de música, de baile, de risas e nun ambiente inmellorable”.

Saiz anima a asistir: “acudide á cita. Cos 60 na memoria lembraremos todos xuntos aqueles marabillosos anos á vez que dalgunha maneira despedimos o mes de agosto e moitos o seu verán en Ribadeo”.

Na presentación do guateque estiveron presentes o alcalde, Dani Vega, os concelleiros de Cultura, Benestar Social, Medio Ambiente e Turismo, e os membros da comisión de festas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...