InicioOrientalTrabadaTrabada dá comezo ás obras de renovación para a cuberta da...

Trabada dá comezo ás obras de renovación para a cuberta da Casa Consistorial

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas do comezo das obras para a renovación da cuberta da casa consistorial. Para estes traballos, Trabada conseguiu unha subvención de 19.990,90 euros da Xunta, mentres que o concello aporta 8.580,39 euros (investimento total de 28.571,29 euros).

A necesidade da intervención xustifícábase nas deficiencias detectadas na cuberta do edificio. Trátase de roturas e desprendementos, así como de moitas pezas que chegaron ao final da súa vida útil. Isto provoca unha deficiente impermeabilización e por tanto humidades no interior.

Foi a propia alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, a que considerou idónea esta convocatoria para o concello e a que tramitou a subvención. “O goberno local de Trabada planifica e ten proxectos, traballando sempre con previsión para acadar actuacións e investimentos que melloren os servizos e infraestruturas públicas”, afirma.

O aspecto exterior da edificación, coa fachada recentemente renovada, presenta unha imaxe deficiente dende aqueles puntos máis altos nos quese pode observar o contraste co estado da cuberta, o que fai que a integración na contorna non sexa a máis adecuada para a contorna paisaxística. Polo tanto, a actuación proposta constituirá unha notable mellora, reducindo o impacto paisaxístico do edificio, que se sitúa no trazado do Camiño Norte de Santiago.

O obxectivo é protexer a edificación, evitar o seu deterioro e mellorar a calidade da paisaxe rural, corrixindo os impactos paisaxísticos que ocasiona co uso de madeira de castiñeiro e pizarra.

As actuacións consistirán no desmontaxe das lousas de cuberta existente. Nivelarase con madeira de castiñeiro naquelas zonas nas que sexa preciso por non presentar unha planeidade perfecta. Sobre esta formación de pendentes colocarase unha lámina impermeabilizante de EPDM e a cuberta será similar á existente, de pizarra.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...