InicioOccidentalViveiroPiden ao presidente da Xunta desbloquear as obras na rúa do Porto...

Piden ao presidente da Xunta desbloquear as obras na rúa do Porto de Celeiro

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma Veciñal Pro Celeiro reclama ao presidente da Xunta desbloquear a situación creada entre Portos de Galicia e o Concello de Viveiro para asinar un convenio entre ambas entidades. O obxectivo do convenio reclamado á Xunta sería a execución dun proxecto de pavimentación e servizos da Rúa do Porto de Celeiro.

Esta iniciativa inclúe unha actuación na zona portuaria de cara á mellora e á mobilidade e servizos dos en Celeiro. Lémbranlle ao presidente da Xunta que os veciños deste porto “temos dereitos cidadáns que están sendo ignorados por Portos de Galicia”.

Segundo Pro Celeiro, para levar a cabo estas obras, requírese a autorización de Portos de Galicia. A plataorma sinala tamén que o Concello de Viveiro está pendente da devandita autorización desde o 8 de marzo de 2023. Ademais, apuntan a existencia dunha aportación orzamentaria de 544.000 euros por parte da Deputación de Lugo, mentres que o Concello de Viveiro asume o importe restante.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...