InicioOrientalRibadeoOs locais asociados a ACISA Ribadeo terán dúas horas máis nas festas...

Os locais asociados a ACISA Ribadeo terán dúas horas máis nas festas patronais

O xerente, Jesús Pérez, subliña que “desta ampliación horaria pódense beneficiar unicamente os asociados de Acisa Ribadeo, xa que nos encargamos dende a entidade de xestionalo".

Publicada o

- Advertisement -

Os locais hostaleiros asociados a Acisa Ribadeo gozarán dunha ampliación de 2 horas mais sobre o seu horario habitual de licenza, grazas ao permiso tramitado pola patronal ribadense.

Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo o xerente, Jesús Pérez, explica que “no día de hoxe vimos de recordarlles aos nosos asociados e asociadas a resolución pola que os hostaleiros membros de Acisa contarán con 2 horas máis de autorización para poder traballar nas principais datas das festas patronais de Ribadeo. Grazas a esta autorización tramitada pola nosa asociación estamos a falar de que nas madrugadas dos días 1 ao 2, do 2 ao 3, do 3 ao 4, do 4 ao 5, do 5 ao 6, do 6 ao 7, do 7 ao 8, do 8 ao 9, do 9 ao 10, é dicir toda a semana dos festexos, os bares e cafeterías poderán pasar de pechar ás 02:30 a facelo ás 04:30 horas, as discotecas e salas de festas de 06:00 a 08:00; e os pubs das 04:00 ás 06:00 da madrugada”.

E sinala: “parécenos moi interesante poder ofrecerlle este servizo os nosos asociados e asociadas, deste xeito dáselles a oportunidade de poder traballar mais horas durante a celebración das patronais de Ribadeo. Deste xeito os mozos e mozas e os que non o son tanto, poderán desfrutar de mais horas de lecer na nosa hostalaría”.

Jesús Pérez subliña que “desta ampliación horaria pódense beneficiar unicamente os asociados de Acisa Ribadeo, xa que nos encargamos dende a entidade de xestionalo. A Policía Local conta co listado dos establecementos que poden gozar desta ampliación horaria así como con copia da autorización emitida”.

Desde a directiva de Acisa Ribadeo felicitan as festas “a todos os nosos veciños e veciñas, que aproveiten estes días tanto eles como os nosos visitantes para comer, cear e saír a tomar algo na nosa hostalaría, e facer as súas compras no comercio local”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...