InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro despide o Programa de Apoio Educativo, Lecer e...

O Concello de Viveiro despide o Programa de Apoio Educativo, Lecer e Tempo Libre

No programa, que se celebra todos os veráns en Viveiro, participaron 15 nenas e nenos e 6 voluntarios e voluntarias entre o 12 de xullo e o 30 de agosto.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolleu a festa de despedida do programa de Apoio Educativo, Lecer e Tempo libre para a cativada, impulsado polo departamento de Voluntariado dos Servizos Sociais do municipio.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, acudiu á celebración, na que destacou “a gran diversidade de actividades realizadas cada verán como parte deste proxecto, que pon en valor a inclusión e a igualdade entre todas as nenas e nenos”.

No programa, que se celebra todos os veráns en Viveiro, participaron 15 nenas e nenos e 6 voluntarios e voluntarias entre o 12 de xullo e o 30 de agosto. Nel desenvolvéronse actividades relacionadas co medio ambiente, o consumo responsable ou a alimentación saudable. Para elas contarón coa colaboración tanto coas entidades públicas como con empresas relacionadas con estes ámbitos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...