O deputado do Grupo Parlamentario Popular e portavoz de Infraestruturas, José Manuel Balseiro, presentou unha proposición non de lei no Parlamento galego na que se insta ao Goberno central a levar a cabo, a través da Demarcación de Costas, a rexeneración da praia de Fomento, no municipio lucense do Vicedo.
O obxectivo desta iniciativa, informan os populares, é “recuperar a calidade deste areal natural en coherencia con actuacións similares que a Administración central, competenteen ese espazo, executa noutros puntos da costa lucense”.
Na súa proposta, o Grupo Popular sostén que esta praia, moi próxima ao núcleo urbano, presenta na actualidade un estado de conservación “deficiente”. O deputado do PP no Parlamento galego comprobou, nunha visita, a situación deste areal acompañado do alcalde do Vicedo, Jesús Novo Martínez.