InicioOccidentalViveiroViveiro celebrará a semana que vén o II Torneo de Pádel

Viveiro celebrará a semana que vén o II Torneo de Pádel

Participaron na presentación deste novo evento deportivo a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, o concelleiro de Deportes, Eleazar José Rodríguez Abuín, e membros da organización.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presenta unha nova edición do seu Torneo de Pádel, que terá lugar entre o martes día 5 de setembro e o domingo día 10. As inscricións poden realizarse ata o día de mañá sábado 2 de setembro no enderezo www.mistorneosonline.es

Participaron na presentación deste novo evento deportivo a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, o concelleiro de Deportes, Eleazar José Rodríguez Abuín, e membros da organización.

O II Torneo de Pádel Concello de Viveiro constará de cinco categorías: primeira masculina, segunda masculina, terceira masculina, mixta e feminina. A inscrición ten un prezo de 20€ máis 10€ por cada categoría adicional, agás para socios do Club de Pádel Viveiro, unha das entidades organizadoras, que poderán inscribirse por 15€ máis 10€ por cada categoría adicional.

Pode solicitarse máis información sobre o evento nos números de teléfono 609 867 016 e 635 549 330. Ademais do Concello de Viveiro e o Club de Pádel Viveiro, participan na organización a Deputación de Lugo, o Hotel Ego e o Hotel Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...