InicioOccidentalCervoComeza a pretempada do Club Portamiñá de natación en Cervo

Comeza a pretempada do Club Portamiñá de natación en Cervo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo acolle durante esta semana a pretemporada do Club Natación PortaMiñá de Lugo. O club de natación lucense, que conta con máis de 60 nadadores e nadadoras, escolleu, un ano máis, o Concello de Cervo polas facilidades que desde a Administración local se lle deron para o acceso ás instalacións, entre as que destaca a piscina municipal, a única de dimensións olímpicas de toda a provincia de Lugo.

Ao longo de esta semana están a gozar das actividades e das instalacións da zona co obxectivo de ter unha boa posta a punto para o inicio da súa tempada de competicións.

A rexedora, Dolores García Caramés, mantivo un encontro con toda a expedición, convidándoa a que desfrute ao máximo de todo canto pode ofrecer Cervo “é un orgullo que clubs da talla do Club Natación Portamiñá se interesen polas nosas instalacións” –apuntou- e “para nós é unha prioridade darlle vida á nosa piscina e fomentar o uso das instalación deportivas de calidade que temos no noso municipio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...