A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organiza este martes en Madrid un evento “mundial” no que a protagonista será a “Merluza D& Burela” e a súa versatilidade nas diferentes cociñas do mundo.
O ‘Kitchen Club Orense’ de Madrid acollerá este martes 12 de setembro un showcooking guiado por catro recoñecidos cociñeiros galegos con diferentes elaboracións para saborear a ‘Merluza D& Burela’ nas súas versións máis tradicionais e vanguardistas, presentando tamén receitas inspiradas noutras cociñas do mundo, como a asiática ou a mexicana.
Iñaki Bretal (restaurante Eirado da Leña), Iván Domínguez (restaurante NADO), Daniel López (restaurante O Camiño do Inglés) e Miguel F. Vidal (restaurante Morgana) ofrecerán unha degustación final a tódolos asistentes a este evento, dirixido especialmente a bloggers e periodistas gastronómicos, que terá lugar no ‘Kitchen Club’ da rúa Orense en Madrid a partir das 11:30h.
Esta acción está cofinanciada por Xunta de Galicia e FEMPA, incluída no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á trazabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a unha información clara e completa.