InicioOrientalBarreirosBarreiros levanta a prohibición do uso da auga para usos non prioritarios

Barreiros levanta a prohibición do uso da auga para usos non prioritarios

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldía de Barreiros decretou o 28 de xullo a prohibición dos usos non prioritarios de auga da traída pública, debido á alta demanda existente e á dificultade para a recuperación dos depósitos de abastecemento, magnificado pola situación de seca.

Con posterioridade, procedeuse ao peche das billas públicas na zona de praia, debido ao incremento de
consumo e ao efecto ventosa que produce este nas zonas máis baixas, co conseguinte prexuízo para as zonas altas.

Unha vez canalizada a normalidade nos parámetros de consumo, debido ao descenso de demanda da poboación flotante que se produciu durante a tempada alta de verán, é posible suavizar as prohibicións decretadas, flexibilizando o uso da auga da traída municipal.

En calquera caso, e tendo en conta a escaseza de precipitacións xeral e que a auga é un ben escaso cuxo uso se debe racionalizar, acórdase o levantamento das prohibicións para o uso non prioritario da auga da
traída.

Mantense o peche das billas públicas na zona da praia e recoméndase encarecidamente seguir mantendo medidas de aforro de auga por parte dos particulares, realizando un uso responsable e evitando, na medida do posible, usos superfluos e innecesarios que supoñan un malgasto deste
ben natural e escaso.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...