O Concello de Cervo vén de ser recoñecido co diploma de ouro no marco do programa autonómico Praias Sen Fume, que leva a cabo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, nun acto que tivo lugar en Ponteceso, na provincia de A Coruña.
A rexedora, Dolores García Caramés, recolleu a insignia da man do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; un recoñecemento que Cervo comparte con outros 25 concellos galegos baixo o requisito de que todos os areais formen parte desta rede e sexan espazos libres de fume.
Caramés destacou o compromiso en materia medioambiental do Concello de Cervo, que sempre se suma a este tipo de accións que promoven hábitos de vida saudables, fomentando neste caso a promoción de espazos públicos sen fume, e recordou que o seu cumprimento é unha responsabilidade persoal, libre de vixilancia, buscando tamén así a participación activa da sociedade.