A obra ten por obxeto levar a cabo os traballos de creación dunha ruta litoral desde a praia de Esteira á enseada de Muiñelo e de Punta Meitón a Punta da Mansa – Xuances, co obxeto de conectar varios puntos de interese turístico e de paso crear unha ruta litoral de sendeirismo por unha zona privilexiada dende o punto de vista paisaxístico no entorno da Praia de Esterio na parroquia de Xuances.
Sinalar que o Concello de Xove conta con diversas praias e puntos de interese, entre elas encontrase a praia de Esteiro, a ensenada de Muiñelo, Punta Meitón e Punta da Mansa que forman un conxunto tranquilo e apto para aqueles que queren fuxir das aglomeracións doutras praias e zonas masificadas, posto que se encontran nun enclave pouco urbanizado. A praia de Esteiro, de Bandeira Azul, e considerada por los surfeiros como una das mellores praias para a práctica deste deporte, o que conleva o aumento do turismo na zona, provocando un incremento na demanda de accións para disfrutar do litoral.
A costa de Xove encontrase incluida na zona denominada Costa da Mariña Occidental da Rede Natura 2000. Este espazo natural está protexido como Zona de Especial Conservación e Zona de Especial Protección para as Aves. Toda actuación que se leve a cabo deberá aterse o establecido no Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Coa realización da actuación que se pretende levar a cabo, facilitárase o disfrute dos visitantes, poñendo en valor o espacio natural de modo compatible ca súa conservación.
A obra ten un orzamento de 73.664,97 € e está sendo realizada pola empresa Marcor Xove S.L. , a cal ten un prazo de execución de 23 días. Conta cunha subvención do 90% por parte da Dirección Xeral de Turismo, sendo o 10% restante por conta do Concello.