O parque de bombeiros de Barreiros, na provincia de Lugo, está pechado este sábado debido á “falta de efectivos”. Así o explicaron fontes do Concello a Europa Press e puntualizaron que o peche será ata este domingo.
Pola súa banda, a Deputación de Lugo detallou, nun comunicado, que “ningún do tres traballadores” da quenda deste sábado presentáronse a traballar e “non xustificaron a súa ausencia”.
Un feito que a institución provincial tachou de “grave irresponsabilidade”. O Consorcio informou á primeira hora o servizo do 112 de que as incidencias serán atendidas desde o parque de bombeiros de Viveiro ou desde o de Vilalba, en función do tempo de resposta.