IniciosociedadeMáis de vinte colectivos asinan co BNG polo saneamento da ría de...

Máis de vinte colectivos asinan co BNG polo saneamento da ría de Viveiro

Os nacionalistas urxen á Xunta a substituír o emisario submarino e a mellorar a EDAR

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro entregará o vindeiro luns na delegación da Consellería do Mar, en Celeiro, un manifesto polo saneamento da ría.

Os nacionalistas aseguran que “foron máis de 20 os colectivos asinantes que queren unha ría limpa e con vida”.

O documento, segundo o grupo municipal do BNG, aspira a “solucionar a contaminación da ría de Viveiro. Máis en concreto, esixe as melloras prometidas e necesarias na EDAR e a completa substitución do emisario submariño“, precisan.

Trátase dunha vella reivindicación no municipio, ao non comezar as obras malia que nos últimos dous anos consignáronse partidas para este obxectivo.

PROXECTO

A finais do pasado mes de outubro, a alcaldesa, a socialista María Loureiro, reuniuse coa nova directiva de Augas de Galicia, dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Na xuntanza, a nova directora, Teresa Gutiérrez, anunciou que Augas de Galicia retiraría a parte non soterrada do emisario para construír un novo, ademais da mellora da conexión á depuradora de Celeiro. O prazo estimado de licitación, segundo o anunciado, é de seis meses.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...