- Advertisement -
Este domingo ACR Fervenza de Sargadelos participou por primeira vez na XV Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos”. Un total de 11 persoas voluntarias dedicaron a mañá a limpar un treito do Río Xunco, do que retiraron por volta de 30 kg de lixo. De entre os residuos que sacaron destacan unha batería, botellas e restos de vidro, tecidos e plásticos.