InicioOrientalRibadeoRibadeo fai un balance positivo das pernoitas na vila sendo a segunda...

Ribadeo fai un balance positivo das pernoitas na vila sendo a segunda na provincia de Lugo

O alcalde Dani Vega, considera que “no turismo debemos seguir traballando correctamente, xestionando ben o recurso e en colaboración con todo o tecido económico e social de Ribadeo”.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo lidera as pernoitas na Mariña e sitúase en segunda posición na provincia tras a cidade de Lugo. O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo destes datos.

O rexedor subliñou que “Ribadeo está a facer unha boa xestión do turismo. Así nolo din as cifras. Ribadeo é líder dentro do conxunto da Mariña en pernoitas con 44.757. Iso acredita que somos o concello líder no conxunto da comarca e estamos na posición perfecta na provincia. Somos o concello despois da cidade de Lugo con máis pernoitas”.

Para Dani Vega “estamos nunha posición clara de liderazgo, xa que tamén somos o oitavo concello dentro do mapa galego. Estamos diante de datos moi importantes”.

O alcalde considera que “no turismo debemos seguir traballando correctamente, xestionando ben o recurso e en colaboración con todo o tecido económico e social de Ribadeo”.

E engadiu: “estamos diante dunha boa nova, unha boa cifra esas máis de 44.000 pernoitas, algo que nos fai líderes indiscutibles do turismo no conxunto da comarca da Mariña e póñennos nunha posición clara en Galicia”.

A estes datos aludiu Dani Vega esta mañá en La España Despoblada, o foro da Cadena Ser, que hoxe se realizou desde o Parador de Turismo de Ribadeo e no que se analizou o turismo sostible.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...