InicioCentralLourenzáO colexio Juan Rey de Lourenzá entre os gañadores do concurso sobre...

O colexio Juan Rey de Lourenzá entre os gañadores do concurso sobre o Día das Letras Galegas

Publicada o

- Advertisement -

Os colexios Espiñeira-Aldán de Cangas, Juan Fernández Latorre da Coruña e Juan Rey, de Lourenzá son os gañadores da sétima edición do concurso convocado pola Real Academia Galega (RAG) sobre o Día das Letras Galegas.

Segundo informa a institución, os tres centros de ensino presentaron unha “variada proposta de actividades” para achegar á infancia a obra e o legado do protagonista do Día das Letras Galegas 2023, o editor, escritor, activista cultural e académico Francisco Fernández del Riego.

A RAG, engade, entregará os galardóns o próximo 17 de outubro nun acto na Coruña, no que participarán alumnado e profesorado dos colexios premiados.

Respecto dos galardoados, a institución destaca que o CEIP Juan Rey superou “as 80 actividades” ao longo de todo o curso; o colexio Juan Fernández Latorre “implicou á veciñanza” na celebración do Día das Letras Galegas; e o CEIP Espiñeira-Aldán “animou ao seu alumnado a falar galego”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...