O Concello de Mondoñedo fixo público o fallo do xurado da segunda edición do concurso de adornos do Nadal.
As bases establecían dúas categorías. Por un lado, na modalidade individual, dirixida a particulares de vivendas que adornen as súas fachadas, balcóns, portais ou baixantes de auga, entre outros.
Obtivo o primeiro premio José Ramón Montenegro Espina (Muíños de Arriba, 35); que ademais de engalar a porta da súa vivenda tamén montou un belén sobre un pequeno barco que flota nas augas do río dos Muíños.
Mentres, Nélida Fernández (rúa Guevara, 18, 2º) acadou o segundo galardón.
Na modalidade colectiva, dirixida ás comunidades de veciños, barrios, rúas ou prazas que decoraran árbores, fachadas, farois ou mesmo parques, o xurado outorgou o primeiro premio para o barrio dos Muíños. O Hospital de San Pablo gañou o segundo galardón.
Os premios do concurso son un primeiro de 60 euros e un segundo de 40 tanto na modalidade colectiva como na individual.
O xurado valorou aspectos como as composicións e deseños acordes co Nadal e respectuosos co entorno, a variedade na iluminación, a orixinalidade ou a introdución de elementos tradicionais.
CINCUENTA PARTICIPANTES
O concelleiro de educación, xuventude e novas Tecnoloxías, Alberto García, valora a participación de “medio cento de veciños”.