A Concellería de Cultura do Concello do Valadouro presenta este sábado 30 de setembro a obra de teatro “CINCO MINUTOS SEN RESPIRAR” dentro do Circuíto de Teatro Profesional da Provincia de Lugo 2023 promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Esta representación será escenificada a cargo de Ítaca Teatro con Elea López e Carlos Rebolo como protagonistas.
A convocatoria terá inicio ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa de Cultura Manuel Lourenzo do Concello de Valadouro.
“Cinco minutos sen respirar, fala da vida, dos abusos bancarios, da explotación laboral, do suicidio, da familia, da violencia… e de tantas outras cousas, que non da tempo a resumilas en cinco minutos…”